venres, 14 de outubro de 2011

Consecuencias


A desfeita das Caixas e a fusión – absorción do Pastor van ter unha serie de consecuencias económicas e políticas que xa se poden albiscar no horizonte pese a teima dos medios por botar por fóra falando das indemnizacións, do malo será, de que estamos gafados etc.
- Desde o punto de vista económico está claro que as novas entidades van reducir plantilla co que se van perder postos de traballo con todas as consecuencias que iso supón. Así mesmo van pagar os seus impostor na nova sede: Madrid como non. A obra social vai desaparecer, e se ben nunca se caracterizou por facer moito pola cultura galega está claro que agora nada. Por outra banda calquera proxecto que non estea claramente imbricado nos parámetros madrileños en tódolos sentidos, incluídos os mentais, xa pode ir aforrando o esforzo de ir petar a porta das novas e fantabulosas entidades.
-Desde o punto de vista política as consecuencias están relacionadas co anterior. Non me refiro o custo político para Feijoo do que fala algun iluminado de “El País”. Xa esta debuxando a prensa afín un escenario no que as culpas caen sobre a maldade de ZP e dos mercados mentres “El Señor de las Habichuelas” aparece como un martir que loitou na medida das súas posibilidades contra a conxura dos señores das tebras. Refírome a que hoxe en día as campañas electorais custan cartos. Nese senso os distintos partidos piden créditos as diversas entidades. No caso galego o BNG tiña créditos coas dúas caixas. Esta claro que agora tanto o BNG como calquera outro partido que poida xurdir vai ter difícil senón imposible o acceso o crédito para organizar a súa campaña. Iso combinado coa desaparición dos medios menos comprometidos coa causa contraria a nosa implica un devalo seguro electoralmente.
Por último únome o coro de voces que pide nunha intervención do noso guía supremo que nos ten orfos da súa sabedoría. Por favor, Fale!

Ningún comentario:

Publicar un comentario