venres, 30 de setembro de 2011

525 anos de Doma e Castración

O venres da semana pasada pechaba A Nosa Terra. Escolleu un bo mes para tal feito pois este mes de setembro cumprironse 525 anos do proceso de Doma e Castración do reino de Galiza. Precisamente debido a iso os rapaces de Seioque pecharon o seu blogue por ter cumprido a súa labor de lembrarnos semellante aldraxe. En honor os compañeiros de Seioque reproduzo aquí os feitos tal e como eles os contaron. Outro día xa puntualizarei en profundidade o proceso en si. 

GUERRA COM CASTELA (1475-1486) E SUBMETIMENTO DE GALIZA.

1475
À morte de Herinque III de Galiza e IV de Castela (1474) é proclamado rei de Galiza dom Afonso V de Portugal em Tui, Baiona, Vigo, Redondela e Ponte Vedra, apoiado por Pedro Madruga.

1476
Tira-se-lhe ao reino de Galiza o direito de votar nas Cortes. No seu lugar votara Samora.

1479
Tratado de paz entre Portugal e Castela. Isabel a Católica, irmá de Henrique III é aceite por Portugal como rainha de Galiza, em prejuízo da filha do rei, dona Joana, casada com Afonso V de Portugal. Os galegos ficam sós contra Castela.

1480
Galiza é ocupada militarmente pola “Santa Hermandad”, corpo dependente da rainha de Castela.
O Real Conselho (de Castela) atribui-se o poder para nomear os escrivaos na Galiza. Isto provocará que para ser escrivao haja que saber castelhano.
A rainha de Castela nomeia um governador, Fernando de Acunha, e um corregedor (justiça maior), Garcia López de Chinchilla, ambos castelhanos, com poderes absolutos sobre a Galiza.

1482
O sistema de medidas castelhano é imposto em Galiza: a libra de Ávila e a medida de Toledo.

1483
Cai o Marechal Pardo de Cela na sua fortaleza da Frouxeira.

1485
Cai Saavedra no seu castelo de Cal da Loba em Cospeito.

1486
Cai a última praça galega que resistia a Castela: Ponferrada, defendida por Rodrigo de Castro, conde de Lemos.
Morre em Castela em estranhas circunstáncias Pedro Madruga.
A rainha de Castela visita Galiza em outono.
Os concelhos som “vendidos” a regedores perpétuos.
Os nobres galegos som obrigados a ir à guerra de Granada ou ao exílio, incluídos os que se venderam a Castela.
Santiago deixa de ser patrom de Galiza.

1480-1486
Galiza é dividida em cinco províncias por Castela.

1493
Som proibidas as reunions de muitos indivíduos e as que fossem de mais de um dia, com o fim de evitar conspiraçons contra Castela.

1500
Som proibidas as ligas, confederaçons e bandos, e acudir ao chamamento dos nobres.

1483-1540
A igreja galega com todos os seus mosteiros perde a autonomia e passa a depender das ordens religiosas castelhanas. Isto terá duas consequências principais: a evasom de capitais e a imposiçom do espanhol como língua litúrgica.

1562
A Inquisiçom Castelhana é introduzida em Galiza.





Tamén en Galizauberalles

mércores, 28 de setembro de 2011

Vivir o galego, vivir en galego

VIVIR O GALEGO, VIVIR EN GALEGO: COMPROMISO CIDADÁN POLA LINGUA

Como cidadán galego, como cidadá galega, comprométome publicamente a:
  1. Usar o galego en todas as conversas nas que tome parte, sen mudar de lingua a menos que o interlocutor non a entenda. 
  2. Educar e falar sempre cos nenos e as nenas en galego, promovendo o orgullo da nosa lingua e a tolerancia a respecto doutras. 
  3. Apoiar na medida das miñas posibilidades –como lector(a), espectador(a), oínte, colaborador(a), subscritor(a), accionista...– os medios de comunicación que empregan e defenden o uso do galego. 
  4. Non consumir medios de comunicación que teñen unha liña editorial agresiva cara ao galego.
  5. Mercar un libro en galego e asistir a unha representación teatral en galego polo menos unha vez ao mes e ir ao cine sempre que se exhiba unha película en galego. 
  6. Esixir o atendemento en galego, oralmente e por escrito, por parte de todas as administracións públicas (concellos, deputacións, Xunta, goberno do Estado, Xustiza) e das corporacións prestadoras de servizos ao público que operan na nosa terra.
  7. Consumir preferentemente nos comercios e superficies comerciais que teñen unha actitude positiva co galego, evitando mercar productos e/ou servizos de empresas belixerantes contra o galego. 
  8. Combater as discriminacións por razón de lingua, expresándome sempre con firmeza e cortesía. 
  9. Denunciar a actitude dos poderes públicos e privados que promoven agresións contra o galego e negarme a calquera complicidade coas persoas que as executan. 
  10. Apoiar as asociacións, forzas sindicais e políticas que usan e defenden a lingua e a cultura galegas.
Todos estes compromisos resúmense en dous: apoiar activamente todas as iniciativas cidadás e empresariais comprometidas coa lingua galega; e non ser cómplice de quen a ataca, despreza, ignora e/ou minusvalora.


venres, 23 de setembro de 2011

Debemos chorar por Xornal de Galicia?


Se en Galiza hai un medio de comunicación que resultou  polémico desde a súa fundación ese foi Xornal de Galicia. A verdade é que o proxecto pode considerarse como o mellor exemplo do que non hai que facer a hora de montar un medio de comunicación "galeguista" por dicilo dalgún xeito. Desde o comezo foi incapaz non só de disipar as dubidas sobre a súa orixe senón de satisfacer a aqueles que, coma min, puxeramos moitas esperanzas nel. A verdade eu perdín o interese nel moito antes de que se oficializase o cambio de liña editorial, máis ca nada porque eu noteilla moito antes. Un Xornal así e que ademais reducía a presenza do galego de pouco servía excepto para manter entretido en algo a Don Santiago e tentar crear a falacia de que o PSdG é un partido galeguista. Por iso podo dicir que o seu peche, tamén na rede, tras facelo no papel non me alegra porén tampouco vou chorar por el. Que nos debe quedar de Xornal? Para algúns pode que sexa a lembranza do que puido ser e non foi. Para min un montón de aprendizaxes útiles para cando alguén decida crear un xornal galego, en galego e nacionalista, de verdade. Xa sei que o 99,9% da poboación pensa que iso é imposible. Eu estou no 0,01% que pensa que é posible. Diso falarei outro día, se me lembro.


Por outra banda déixovos información sobre a folga do 21 e o vídeo de Rajoy no que se te fixabas aparecía a estreleira.





















Tamén en Galizauberalles

xoves, 22 de setembro de 2011

Avais Eleccions Xerais para Converxencia XXI

Onte estiven de folga polos recortes no ensino público de aí que os avisos saian hoxe. Sen máis cedo a palabra a Converxencia XXI.

" Estima@ amig@,



Como xa estaredes informados o congreso dos deputados co voto favorable de PP e PSOE (nisto si que coinciden) introduciu recentemente unha modificación na LOREX (Lei Organica de Réxime Electoral Xeral) no seu artigo 169.3 que exixe so para os partidos que non temos representación nas cortes os avais do 0,1% do censo de cada provincia ou circunscripción, é por este motivo que a Executiva de Converxencia XXI decidiu aderirse a unha web na que se recollen os datos de persoas dispostas a avalarnos que serian contactadas con posterioridade para formalizar ese aval, é importante reseñar que os datos daqueles que aceptedes avalarnos quedan protexidos pola lei de protección de datos e que o feito de avalar a Converxencia XXI non vos obriga a votarnos posteriormente, avalarnos é en realidade unha opción en prol do pluralismo que a desprestixiada partitocracia de PP e PSOE quere evitar.



Podes avalarnos neste vínculo se estas censado na Coruña http://www.yoavalo.org/aval/C.XXI/15



Podes facelo aquí se estas censado en Pontevedra http://www.yoavalo.org/aval/C.XXI/36



Aquí se estas censado en Lugo http://www.yoavalo.org/aval/C.XXI/27



E aquí se estiveres censado en Ourense http://www.yoavalo.org/aval/C.XXI/32



Pedimos tamén a tua axuda para divulgar aos teus contactos persoais esta campaña de recollida de avais. Moitas grazas pola vosa axuda, manteremosvos informados.



Saudos converxentes"





Aclaración: avalar un partido non implica ter que votar por el, nin afiliarse, nin calquera outra cousa. É un simple requisito legal, e como é obvio só se pode avalar un partido. Por outra banda lembro o correo do blogue por se alguen quere envíar algo: galizaprimeiro@gmail.com






martes, 20 de setembro de 2011

Ideológos e programas ocultos

Onte Rajoy deu imaxe de "centrista" mentres Esperanza dixo o que realmente pensan. Parece mentira que a estas alturas aínda haxa quen non sepa quen é o ideológo do PP e cal o seu programa: oculto ou non. Para os despistados aquí vai o ideológo.

Aquí o programa:




E aquí a nosa única esperanza:




  
Despois non digas que non sabías a quen votar.


Tamén en Galizauberalles







venres, 16 de setembro de 2011

Do Códice e a Ledicia de Don Santiago

O roubo do Códice Calixtino este verán serve como metáfora perfecta da disolución de Galiza. O Calixtino foi redactado na era compostelá cando a cidade do apóstolo era o centro dunha Galiza que a falta dun termo mellor podemos chamar consciente de si mesma e dos seus intereses. Hoxe na que a aspiración única é ir tirando e ser mais español ca ninguén, sen importar o que custe nin que non se obteña beneficio ningún no proceso, van e rouban o Códice. Que mellor metáfora do que acontece! Cando eramos nós mesmos redactase unha guía de cómo chegar ata aquí. Agora que non somos nada róubana.





Por outra banda Don Santiago dono e señor de La Coz y de Galicia debe estar ledo coma un pícaro cando lle din que non hai clase. Este verán desapareceron Galicia Hoxe e Xornal co que o galego desapareceu dos kioscos. O “Señor de las habichuelas” sigue afogando o galego canto pode e dándolle cartos a La Coz e no horizonte aparece Rajoy como aniquilador do estado das autonomías e defensor do “acosado castellano”. Don Santiago ten motivos para estar ledo.



En fin parece que non queda esperanza ningunha. Eu así o creo. Poren pódeme a faceta de historiador: alguén terá que contar como acaba todo. Ou noutras palabras: estamos de volta!